luns, 19 de xuño de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER

33ª SEMANA [3ª SESIÓN]



Pechamos, coa desta semana, as suxestións de lectura para Hora de Ler. 

Nesta ocasión os lectores poden escoller entre un relato de Inma López Silva (case de produción propia) ou ben un conto de Laia Jufresa.

Ilustración: Javier Olivares

martes, 13 de xuño de 2017

CACHORROS DE ORNITORRINCO NA FUNDACIÓN CASARES QUIROGA





O 31 de maio na Fundación Casares Quiroga María José Viz Blanco e Jesús Garabato Rodríguez leron a súa comunicación titulada Aproximación a la microliteratura actual. Deste interesante evento queda a constancia do relato de María José e o vídeo aquí reproducido.

No último tramo da ponencia [1:03:01 / 1:10:25], María José Viz, tamén microrrelatista, deixou xenerosamente paso a Cachorros de ornitorrinco. Dámoslle as grazas a ela e tamén a Pedro Sánchez Negreira, sempre tan davidoso, e a Arantza Portabales, que de novo quiso ter presente a magnífica variación ao seu excelente microrrelato Querida Mamá, feita por Irene García Pizarro durante un exame de primeiro de Bacharelato.

***
Resumen fotográfico del encuentro con la microliteratura que hizo que una hora fuera solamente un instante, para mí, para Jesús Garabato Rodríguez y, creo, para el resto de autores y autoras invitados (eso me han dicho, al menos...). Han sido, por orden de intervención: Ton Pedraz, Rosi Sarmiento, Arantza Portabales, Raquel Vázquez y Pedro Sánchez Negreira. Un lujazo este plantel de artistas y, no nos olvidemos del público encantador que nos arropó. Gracias también al Concejal de Cultura, de A Coruña, José Manuel Sande, puesto que si él no creyese, desde el primer momento, en la propuesta que le presenté aquel 27 de marzo, esta agradable reunión no tendría lugar. He dicho.

María José Viz Blanco

luns, 12 de xuño de 2017

HORA DE LER


HORA DE LER

32ª SEMANA [2ª SESIÓN]


Ter nas mans os relatos de Miguel-Anxo Murado ou Juan Gómez Bárcena coa convencemento de que estamos en tránsito, pero sabendo que ler nunca nos fará invisibles.

Ilustración: John Dugdale

martes, 6 de xuño de 2017

ENCONTRO CON INMA LÓPEZ SILVA








Pechamos as reunións do Clube de Lectura Biblos Aguiar co encontro con Inma López Silva.

Falamos de Aqueles días en que eramos malas: da súa materia narrativa, da súa estrutura onde é tan importante a autoficción e a metaficción, das posibles adaptacións teatrais ou cinematográficas, dunha boa documentación imprescindible para manter a verosimilitude, do mundo real, do sistema penitenciario, das piscinas dos cárceres, mantidas coas preceptivas doses de cloro, pero sen usuarios.

Tamén da importancia que tivo para Inma recoller das mans de Manuel Rivas o seu primeiro premio literario: un premio organizado polo IES Francisco Aguiar.

Pechamos, en suma, este cuarto ano do Clube de Lectura cheos de motivos de ledicia, esperando contar con máis lectores a partir do ano que ven.

luns, 5 de xuño de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER

31ª SEMANA [1ª SESIÓN]


Historias de animais en tempos de sardiñas... 
Eso anda a ler o fermoso gato debuxado por André Letria.
Pode que esté xa piques de chegar ao final da historia do elefante de Slawomir Mrozek e, tras unha pequena pausa, comezará a ler O caso do unicornio azul de Agustín Fernández Paz.

luns, 29 de maio de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER

30ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Aínda que os nosos momentos de lectura están lonxe de seren tan cibernéticos, nesta semana andamos a ler a Miguel-Anxo Murado e a escritoria boliviana Magela Badouin.

Ilustración: David de las Heras 

xoves, 25 de maio de 2017

XA NON SON CACHORROS...


O de xuño de 2015 presentábase na sala Xulio Cuns do Concello de Betanzos o libro Cachorros de ornitorrinco. Un traballo feito en 3º de ESO (2013-2014) seguindo as indicacións de Raquel Vázquez, a profesora que lles impartira a unidade didáctica sobre o microrrelato que recolle este libro que está xa nalgunhas das bibliotecas das universidades que pronto acollerán a Uxía Castelos Medín, Tomás Díaz Aguiño, Rosalía Doporto Regueiro, Daniel Fernández Pita, Pablo Ferrer Herrero, Irene García Pizarro, Laura Gestal Sanmartín, Roque Gómez Teijo, Gala Illanes Illobre, Isabel López Blanco, Inés López Couceiro, Isolda López Rivas, Pablo Martínez Sánchez, Adrián Mauri Moldes, Gema Mourelo Carracedo, Nerea Nogueira Río, Paula Ois Fraga, Alba Otero Bello, Zuriñe Otero Touriño, Daniel Otero Yáñez, Laura Parra Caidedo, Alba Pérez Medín, María Peteiro Castro, Iria Rodríguez Pereiro, Milena Rodríguez Quiroga, Christian Ruanova Lendoiro, Andrea Sánchez Riva, Gala Sánchez Rodríguez, Amaia Tomé Tomé, Silvia Soto López, Noelia Valiño Vidal, Diego Varela Rivera, Antía Vázquez Castelos, José Manuel Vázquez Calatayud e Sara Vicos Neira.

Hoxe, 25 de maio de 2017 os alumnos desta magnífica promoción do IES Francisco Aguiar no Acto da súa Graduación evidenciarán a súa maioría de idade.
A Comunidade Educativa do Aguiar síntense moi satisfeita do paso polas nosas aulas dos que, no seu día, foron cachorros.






 Amaia Tomé & Aldara Feijoo
 Zuriñe Otero
 
Antía Vázquez, Noelia Fraga, Gala Illanes, Uxía Castelos e Rosalía Doporto

 Stacey [aka Emilio Suárez ]