martes, 2 de decembro de 2014

SOLIMÁN, Xesús Fraga

XESÚS FRAGA, Solimán, Xerais, Vigo, 2004, 208 páxinas.

[NG FRA sol]

O venres 28 de novembro tivemos a grande sorte de volver a contar no noso Instituto cun antigo e ilustre alumno, o escritor Xesús Fraga.
E dicimos escritor cunha chea de sentido porque non só viña falarnos da última novela por el escrita, Reo, senón a contarnos as súas andainas como escritor de graffiti. Non en van Xesús Fraga, Yito, foi un dos pioneiros desta arte urbana na segunda metade dos oitenta do século pasado en Betanzos. Contar con él e escoitarlle contar a súas historias é sempre unha sorte.

Damos conta de Solimán pois é probable que algún dos moitos lectores de Reo teña interese en seguir coñecendo a obra literaria do noso ilustre conveciño.
Xesús Fraga no IES Francisco Aguiar on PhotoPeach

Ningún comentario:

Publicar un comentario