luns, 13 de maio de 2024

HORA DE LER

Agradeceriamos saber dicir quen é o autor da ilustración do Museo de Pontevedra

É perfecta para explicar cal é a pracer que obtén o lector dos poemas de Música reservada


luns, 6 de maio de 2024

HORA DE LER

As pernas da nai como o mellor atril onde pousar o libro que queremos ler...

Entre as suxestións de lectura para esta semana uns poemas de Paul Auster, e os relatos de Lucia Berlin e Luisa Castro.

mércores, 1 de maio de 2024

ENCONTRO CON ISMAEL RAMOS

ENCONTRO CON ISMAEL RAMOS 

A conversa con Ismael flúe sen pausas, ou, mellor dito, sen perdas de tempo. Contra o reloxo.

Queremos falar, desde o entusiasmo, sobre A parte fácil (Xerais, 2023)  / La parte fácil (las afueras, 2023), a súa primeira colección de relatos.

Entre as virtudes de A parte fácil, a inequívoca planificación do libro como un todo (personaxes que, sendo secundarios nunha historia, reclaman os focos na que lles corresponde protagonizar), un abano temático que evita as reiteracións, unha consideración do relato como un lenzo renacentista e a execución poemática do texto, que leva a Ismael a dispor cada unha das súas partes de modo milimétrico no conxunto.

Non hai en A parte fácil personaxes planos.  

As historias secundarias que, nunha primeira lectura, parecen obeceder a intención do autor de crear un Macguffin, resultan ser, no remate do conto, non un prescindible instrumento de distracción, senón a xema coa que, o Ismael Ramos orfebre, pecha o engarce da xoia, xa sexa unha cazola cun guiso de lebre ou un inesperado corte pelo.  

Esa querencia de Ismael Ramos polo detalle explica a complexidade das historias, que obrigan ao lector a reposicionarse cando contempla a escena no seu conxunto. En Unha trampa para coellos un inxenuo lector, na primeira parte do relato, asiste, incrédulo ás diversas reaccións de tres fillos ante o falecemento da súa nai.  O que semellaba ser unha sátira sobre o desafecto e a ocultación da morte na sociedad contemporánea, remata sendo unha moi lúcida diagnose sobre os terribles efectos da emigración nas relacións parteno-filiais.

O cactus, o bote de melocotóns en almíbar ou a grabación da boda na que aparecemos levando as arras a nosa madriña, testemuñan unha evidencia: «el futuro es un tigre». 

A algúns xa lles ten mordido. 

A outros, aos que seguen a preguntar quen apañou a botella de tequila, axiña lles morderá.

E si, xa antes das 21 horas tiñamos admitido que Amy Hempel leva razón: parar de afundirse non significa non seguir baixo a auga.

Francisco Rodríguez Coloma [Texto]

&

Ana Tomé [Fotografías]

luns, 29 de abril de 2024

HORA DE LER

Outra maneira de achegarse á realidade... 

«Cuando vives aquí, te olvidas de que solo porque has dejado de hundirte no significa que no estés ya bajo el agua», lemos no relato de Amy Hempel. 

Esa é a cita que escolleu Ismael Ramos como antesala da súa na primeira obra narrativa.

Na outra suxestión de lectura unha escolla de poemas de Lixeiro (Xerais, Vigo, 2021).

luns, 22 de abril de 2024

ENCONTRO CON ISMAEL RAMOS: A PARTE FÁCIL / LA PARTE FÁCIL




O próximo luns 29 de abril, ás 19 horas, Ismael Ramos visitará a Biblioteca do IES Francisco Aguiar para conversar cos lectores do Club de Lectura sobre A parte fácil / La parte fácil
No caso de existir persoas interesadas en asistir ao encontro poden enviar un correo a bibliofranciscoaguiar@gmail.com. manifestando ese desexo. Serán asignados convites ata completar aforo.

HORA DE LER

Nesta semana na que celebramos o Día do Libro, compartimos unhas cervantinas suxestións de lectura: unha antoloxía de microrrelatos e o primeiro capítulo da primeira gran novela moderna, traducido ao galego por Valentín Arias López.